Se hai algo que nos gusta, e así se reflexa en todas as confiterías ao longo do globo terráqueo, é o Panettone: un bolo húmedo, de miga elástica, macerado con sabores cítricos ou, por qué non, chocolate a paladas. Os primeiros documentos que falan deste particular pan de Milán datan do século XV, e houbo un longo tempo onde os artesáns veneraban a receita orixinal. Agora, a variedade é incontable, e cada mestre deixa a súa impronta no doce.
En Roiser elaboramos o pan milanés poñendo énfasis en saborear o panettone da forma máis natural posible, sin disfrazar os aromas propios. Por iso apostamos polos básicos, coa incorporación neste 2024 da cidra, «a calabaza do inverno», que é o froito orixinal utilizado en Italia. Éste é o panettone de cidra e pasas confitadas. Tamén repetimos o que foi un éxito nas edicións precedentes: o de laranxa, o froito que na mitoloxía se comparaba con «mazás de ouro». Neste caso, tamén acompañado de uvas pasas. E, en terceiro lugar, o de chocolate con noces, que para os que somos larpeiros, non precisa moita presentación, xa que nos tiramos a él sin pestañexar, a pesar de que os cítricos maridan á perfección coa masa en cuestión.
Dende que comenza o ritual de mistura de ingredientes ata que se pode degustar pasan tres días de repousos varios. O último deles, o máis coñecido, boca abaixo como se vampiros do Nadal se tratasen.
Neste 2024, mediante os tres sabores, facémosnos eco de tres lendas que chegaron a nós relacionadas con este brioche, que acompañarán os próximos panettones. Que os disfrutedes tanto como a nós nos gusta!
Para os puristas, o panettone de cidra está dispoñible para mercalo aquí:
Se che gustan os sabores cítricos, non olvides pasar por este enlace:
Se eres chocolatelover, podes probalo clicando aquí: https://roiser.es/producto/panettone-chocolate/